Regras comunitarias
Co fin de fomentar un entorno aberto e acolledor, nós, en tanto que colaboradores e mantedores, tratamos de face-la participación nas nosas comunidades unha experiencia agradábel e libre de acoso.
Tamén recoñecemos que unha colaboración entre humanos real e unha mantenza colectiva dos nosos repositorios son clave para resgarda-lo noso desenvolvemento sostíbel e resiliente.
Regras de participación
Exemplos de comportamentos que contribúen a crear un ambiente positivo inclúen:
- Empregar unha linguaxe acolledora e inclusiva
- Respectar os diferentes puntos de vista e experiencias
- Aceptar con xenerosidade as críticas construtivas
- Amosar empatía cara as persoas da comunidade e ás chegadas recentemente
- Axudar e mediar en casos de malentendidos ou conflitos
Exemplos de comportamentos que pedimos a todo o mundo que eviten inclúen:
- O uso de linguaxe ou imaxes sexualizadas e atención ou avances sexuais non desexados
- Faltas de respecto, comentarios insultantes/despectivos e ataques persoais ou políticos
- Acoso público ou privado
- Publicar información privada doutras persoas, como un enderezo físico ou electrónico, sen permiso explícito
Recoñecemos que en ocasións as persoas poden pasar un mal día, ou quizais non ser conscientes do impacto do seu comportamento. Cando iso ocorre, podes lembrarlles discretamente, en público ou privado, o que é máis apropiado. Suxerimos asumir boa intención; é máis probábel que os participantes son inconscientes que que estean tratando de denigrar outros ou reducir a calidade da discusión intencionalmente.
Regras de mantenza colectiva
Os repositorios da nosa organización son mantidos colectivamente e non de propiedade individual. Para evitar e mitigar lugares úncos de coñecemento e control, animamos a todo o mundo a atopar e ensinar a outros mantedores para compartir o coñecemento e as responsabilidades de mantenza.
Tódalas contribucións deben ser de autoría humana, e plenamente entendidas e mantidas polas persoas colaboradoras mediante
-
escribindo tódalas solicitudes de puxada, descricións de incidencias, comentarios, documentación e mensaxes de compromiso manuais,
-
facendo unha autoavaliación completa e asumindo a responsabilidade plena dos envíos,
-
coidando a claridade e o minimalismo para facilitar o traballo dos/as revisores/as que aceptan os cambios para a súa mantenza colectiva,
-
evitando a introdución de calquera execución ou dependencias de desenvolvemento dependentes de LLM.
Convidamos ós contribuíntes que empreguen LLMs de maneira substancial a describir por si mesmos que uso fixeron dos mesmos. Desanimamos os avances mediante “asistencia/co-autorías” automatizadas isto é instrumentos ou modelos xenerativos xa que non revelan apropiadamente como se empregaron esas ferramentas e fornecen de publicidade gratuita esa industria tóxica dominada por billonarios.
En determinados casos, os mantedores poden acordar a configuración de autómatas (tales como “dependabot”) para xerar solicitudes de puxada automáticas. Con todo, estas modificacións nunca deben ser automáticamente incorporadas e requiren sempre unha supervisión estricta humana previa á incorporación.
Persoas Mantedoras e Responsabilidades
Os mantedores do proxecto son aqueles con dereitos de remisión ós repositorios colectivos ou dereitos administrativos nas canles de comunicación da comunidade. Se require ós mantedores asumi-la responsabilidade e medidas apropiadas e cautas en resposta a feitos de procederes cuestionábeis. Os mantedores do proxecto teñen o dereito e a responsabilidade de eliminar, editar ou rexeitar comentarios, remisións, código, edicións da wiki, incidencias, e outras contribucións que non están aliñadas coas nosas regras ou non corresponden ós plans actuais do proxecto. Tamén poden vetar temporal ou permanentemente un contribuínte por outros comportamentos que consideraron impropios, ameazantes, ofensivos, ou nocivos.
Alcance
As nosas Regras comunitarias son aplicábeis aos repositorios do proxecto, canles de comunicación, e xuntanzas, así como ao espazos públicos, cando un individuo está representando o proxecto ou a comunidade. Exemplos de representación do proxecto ou a comunidade inclúen o uso dunha dirección de correo electrónico oficial do proxecto, publicar a través das contas de redes sociais asociadas co proxecto, ou actuar como representante nun evento presencial ou en liña.
Informes e respostas
Se experimentas ou presencias un comportamento abusivo, de acoso ou doutra forma inaceptable, podes falar coas persoas mantedoras do proxecto, actualmente Nami e Xenia. Revisarán os informes e implicarán a outras persoas mantedoras segundo proceda, e responderán dun xeito que se considere necesario e axeitado ás circunstancias, pero non en contra da túa vontade.
As persoas mantedoras están obrigadas a manter a confidencialidade respecto do informante dun incidente. As persoas mantedoras non están exentas de que se informe sobre elas e poden enfrontarse a repercusións temporais ou permanentes, segundo determine outra persoa mantedora.
Atribución
O noso documento coas Regras Comunitarias adapta o Contrato de Contribuíntes, version 1.4, dispoñíbel en https://contributor-covenant.org/version/1/4, con seccións adicionais e un foco na “mantenza colectiva” e na “autoría humana” engadido en setembro de 2026.