Preguntas Máis Frecuentes

Tes présa? Podes ler esta axuda relaxadamente en calquera momento dentro da aplicación, mesmo sen Internet.

Que é Delta Chat?

Delta Chat é unha aplicación de mensaxería instantánea fiable, descentralizada e segura, dispoñible para plataformas móbiles e de escritorio.

Como podo atopar xente coa que conversar?{#howtoe2ee}

Primeiro, ten en conta que Delta Chat é un mensaxeiro privado. Non hai descubrimento público, ti decides sobre os teus contactos.

Agora agarda mentres se establece a conexión.

Parabéns! Agora usarás automaticamente o cifrado de extremo a extremo con este contacto. Se vos engadides mutuamente a grupos, establecerase o cifrado de extremo a extremo entre todas as persoas do grupo.

Por que unha conversa está marcada como “Solicitude”?

Como mensaxeiro privado, só as amizades e a familia [con quen compartas o teu código QR ou enlace de invitación}(#howtoe2ee) poden escribirche.

As túas amizades poden compartir o teu contacto coas súas amizades, isto aparece como Solicitude

Como podo poñer en contacto a dúas das miñas amizades?

Paperclip Adxunta o primeiro contacto á conversa do segundo usando o Botón de Adxunto → Contacto. Tamén podes engadir unha pequena mensaxe de introdución.

O segundo contacto recibirá entón unha tarxeta e poderá tocala para comezar a conversar co primeiro contacto.

Que son os perfís? Como podo cambiar entre eles?

Un perfil é un nome, unha imaxe e algo de información adicional para cifrar mensaxes. Un perfil está só no(s) teu(s) dispositivo(s) e só usa o servidor para reenviar mensaxes.

Na primeira instalación de Delta Chat créase un primeiro perfil.

Despois, podes tocar a imaxe do teu perfil na esquina superior esquerda para Engadir perfís ou para Cambiar de perfís.

Quizais queiras usar perfís separados para actividades políticas, familiares ou laborais.

Tamén podes desexar aprender como usar o mesmo perfil en varios dispositivos.

Quen pode ver a miña foto de perfil?

Podes engadir unha foto de perfil nos axustes. Se lle escribes aos teus contactos ou os engades vía código QR, verán de xeito automático a túa foto de perfil.

Por razóns de privacidade, ninguén ve a túa foto de perfil ata que lle escribes unha mensaxe.

Podo configurar unha biografía/estado con Delta Chat?

Si, podes facelo en Configuración → Perfil → Biografía. Unha vez que envíes unha mensaxe a un contacto, este poderá vela cando consulte os teus datos de contacto.

Que significan o fixado, o silenciado e o arquivado?

Emprega estas ferramentas para organizar as túas conversas e manter todo no seu lugar:

Para usar as funcións, mantén premido durante moito tempo ou fai clic co botón dereito nunha conversa na lista de conversas.

Como funcionan as “Mensaxes gardadas”?

Mensaxes gardadas é unha conversa que podes usar para lembrar e atopar mensaxes con facilidade.

En calquera conversa, mantén premida unha mensaxe ou fai clic co botón dereito e selecciona Gardar

As mensaxes permanecen gardadas aínda que sexan editadas ou eliminadas - xa sexa polo remitente, pola limpeza do dispositivo ou polas mensaxes que desaparecen doutros chats.

Que significa o punto verde?

Ás veces podes ver un punto verde xunto ao avatar dun contacto. Iso significa que o viches nos últimos 10 minutos, por exemplo, porque che enviou unha mensaxe ou un recibo de lectura.

Así que este non é un indicador de estar en liña e outros tampouco verán sempre que estás “en liña”.

Que significan as marcas de verificación que aparecen xunto ás mensaxes saíntes?

Nos grupos a segunda marca significa que polo menos unha persoa leu a mensaxe.

Só obterás a segunda marca de lectura se tanto ti como unha das persoas destinatarias que leu a mensaxe teñen activados os recibos de lectura (Configuración → Conversas → Recibos de lectura).

Corrixir erros tipográficos e eliminar mensaxes despois de envialas

Mentres que ás mensaxes editadas lles aparecerá a palabra “Editado” xunto ao selo de tempo, as mensaxes eliminadas desaparecerán sen ningún marcador na conversa. Non se envían notificacións e non hai límite de tempo.

Teña en conta que a mensaxe orixinal aínda pode ser recibida polas persoas da conversa que xa poderían ter respondido, reenviado, gardado, feito unha captura de pantalla ou copiado a mensaxe doutra forma.

Como se xestiona a calidade dos medios?

Imaxes, vídeos, ficheiros, mensaxes de voz, etc. pódense enviar usando os botóns de Adxunto Paperclip ou Mensaxe de voz Microphone.

Como funcionan as mensaxes temporais?

Podes activar as “mensaxes temporais” nas configuracións dunha conversa, na parte superior dereita da xanela da conversa, seleccionando un intervalo de tempo entre 5 minutos e 1 ano.

Ata que a configuración se desactive de novo, a aplicación Delta Chat de cada persoa da conversa encárgase de eliminar as mensaxes despois do período de tempo seleccionado. O período de tempo comeza cando a persoa receptora ve a mensaxe por primeira vez en Delta Chat. As mensaxes elimínanse tanto nos servidores como na propia aplicación.

Teña en conta que pode confiar en mensaxes temporais só mentres confíe nas persoas coas que conversas; persoas maliciosas poden facer fotos ou, doutra forma, gardar, copiar ou reenviar mensaxes antes de que se eliminen.

Ademais diso, se alguén da conversa desinstala Delta Chat, as mensaxes (de todos os xeitos cifradas) poden tardar máis en ser eliminadas do seu servidor.

Que sucede se activo “Eliminar mensaxes do dispositivo”?{#delold}

Se queres aforrar espazo no teu dispositivo, podes escoller eliminar as mensaxes antigas automaticamente.

Para activalo, vai a Configuración → Conversas → Eliminar mensaxe do dispositivo. Podes establecer un intervalo de tempo entre “unha hora despois” e “un ano despois”; deste xeito, todas as mensaxes serán eliminadas do teu dispositivo en canto pasen deste prazo.

Como podo eliminar o meu perfil?

Se estás a usar máis dun perfil, podes eliminar un de cada vez no menú superior de cambio de perfil (en Android e iOS), ou na barra lateral premendo co botón dereito (na aplicación de escritorio). Os perfís só se eliminan no dispositivo no que se iniciou a eliminación. Os perfís noutros dispositivos continuarán a funcionar completamente.

Se utilizas un único perfil predeterminado, podes simplemente desinstalar a aplicación. Isto desencadeará automaticamente a eliminación de todos os datos de enderezos asociados no servidor de chatmail. Para máis información, consulte nine.testrun.org address-deletion ou a páxina correspondente do servidor de chatmail que escolleu.

Grupos

Os grupos permiten que varias persoas charlen xuntas en privado con dereitos iguais.

Calquera pode cambiar o nome ou o avatar do grupo, engadir ou eliminar participantes, configurar mensaxes temporais e eliminar as súas propias mensaxes dos dispositivos de todas as persoas da conversa.

Porque todas as persoas teñen os mesmos dereitos, os grupos funcionan mellor entre amizades e familiares de confianza.

Crear un grupo

Engadir e eliminar membros

Todas as persoas do grupo teñen os mesmos dereitos. Por esta razón, calquera pode eliminar a calquera persoa ou engadir novas.

O código QR e a ligazón de convite pódense usar para engadir a varias persoas. Con todo, como os grupos están pensados para persoas de confianza, evita compartilos publicamente.

Borreime por accidente.

Como xa non formas parte do grupo, non podes engadirte de novo. Non obstante, non te preocupes, só tes que pedirlle a calquera outra persoa do grupo que te engada de novo.

Xa non quero recibir as mensaxes dun grupo.

Como alternativa, tamén podes silenciar un grupo: ao facelo recibes todas as mensaxes e segues podendo escribir, pero xa non recibes notificacións de mensaxes novas.

Clonar un grupo

Podes duplicar un grupo para iniciar unha discusión separada ou para excluír membros sen que se decaten.

O novo grupo é totalmente independente do orixinal, que continúa a funcionar como antes.

Cantas persoas poden participar nun único grupo?

Non hai un límite técnico estrito, pero non se recomenda máis de 150.

Canto máis grandes son os grupos, poden volverse socialmente inestables e poden necesitar unha xerarquía - onde Delta Chat é un mensaxeiro privado para conversas con iguais dereitos. Vexa o número de Dunbar para máis información.

Canles

As canles son unha ferramenta que permite que unha persoa emita mensaxes para moitas,

Subscribirse a unha canle

Iso é todo! Recibirás algunhas das mensaxes do historial da canle e, a partir dese momento, todas as mensaxes novas da canle.

Non te preocupes se iso non sucede inmediatamente. Cando a persoa propietaria da canle se conecte, procesarase a túa solicitude de incorporación.

Como todo en Delta Chat, as Canles tamén son privadas e descentralizadas, non hai descubrimento público.

Outras persoas subscritoras da canle non verán que te subscribiches nin poderán enviarche mensaxes. A persoa propietaria da canle, con todo, poderá enviarche mensaxes. Tamén verán que liches unha mensaxe a menos que teñas desactivados os recibos de lectura.

Se non queres compartir o teu perfil principal, tamén podes crear un perfil dedicado para unirte a unha canle.

Crear unha canle

As persoas subscritoras recibirán as túas mensaxes, pero non poderán enviar mensaxes na túa canle. Ao subscribirse, recibirán algunhas das mensaxes máis recentes do historial da canle.

Podes ver o número de visualizacións xunto a cada mensaxe. Ten en conta que isto só conta as participantes que teñen habilitados os recibos de lectura, polo que o número real de visualizacións pode ser maior.

Cantos persoas podes subscribirse a unha canle?

As canles están deseñadas para audiencias moito máis grandes que os grupos.

O límite práctico depende do repetidor empregado, polo que non hai un único número fixo que se aplique en todas partes.

Para canles realmente grandes con varias decenas de miles de participantes, recomendamos usar un perfil dedicado para a canle e comprobar se o repetidor é axeitado.

Pero non te demores demasiado: Delta Chat está deseñado para ser agnóstico ao repetidor, polo que podes cambiar o teu repetidor en calquera momento con facilidade, as participantes actuais nin sequera o notarán. Nese caso, só terás que actualizar a ligazón de convite que compartas a partir dise intre.

Chamadas

Delta Chat admite chamadas de voz e chamadas de vídeo individuais.

As chamadas están dispoñibles na aplicación de escritorio, Ubuntu Touch, iOS e Android 8 ou superior.

Chamar

Aceptar ou rexeitar unha chamada

Durante unha chamada

Dependendo do dispositivo, tamén podes seleccionar a saída de son ou usar a imaxe en imaxe. Na aplicación de escritorio, a chamada utilízase nunha xanela dedicada e podes continuar usando a xanela principal de Delta Chat como de costume.

Chamadas perdidas e notificacións

Aplicacións na conversa

Podes enviar aplicacións a unha conversa: xogos, editores, sondaxes e outras ferramentas. Isto fai de Delta Chat unha ferramenta de mensaxería verdadeiramente extensible.

Onde podo conseguir aplicacións para a conversa?

Como de privadas son as aplicacións da conversa?

Como podo crear as miñas propias aplicacións de conversa?

Entrega de mensaxes instantáneas e notificacións Push

Que son as notificacións push? Como podo recibir mensaxes instantáneas?

As notificacións push son enviadas polos “servizos push” de Apple e Google ao dispositivo dunha persoa usuaria para que unha aplicación de Delta Chat inactiva poida recoller mensaxes en segundo plano e amosar notificacións no teléfono se é necesario.

As notificacións push funcionan con todos os servidores chatmail

Están habilitadas as notificacións push en dispositivos iOS? Hai algunha alternativa?

Si, Delta Chat usa automaticamente as notificacións Push para os perfís de chatmail. E non, non hai ningunha alternativa nos teléfonos de Apple para conseguir a entrega instantánea de mensaxes porque os dispositivos de Apple non permiten que Delta Chat recupere datos en segundo plano. As notificacións push actívanse automaticamente para persoas que empreguen iOS porque o sistema de notificacións push de Delta Chat que preserva a privacidade non expón a Apple datos que xa non teña.

Están habilitadas e/ou son precisas as notificacións push en dispositivos Android?

Se está dispoñible un “Push Service”, Delta Chat activa as notificacións Push para conseguir a entrega instantánea de mensaxes para todas as persoas usuarias de chatmail.

Nas configuracións de “Notificacións” de Delta Chat para “Entrega instantánea” podes cambiar as seguintes configuracións que afectan a todos os perfís:

Ambas as opcións “Conexión de fondo” son eficientes a nivel enerxético e seguras para probar en caso de que as mensaxes cheguen con longos atrasos.

Que privadas son as notificacións push de Delta Chat?{#privacy-notifications}

O soporte de notificacións Push de Delta Chat evita a fuga de información privada. Non filtra datos do perfil, enderezo IP nin o contido das mensaxes (nin sequera cifrado) a ningún sistema implicado na entrega de notificacións Push.

Así é como as aplicacións de Delta Chat realizan a entrega de notificacións Push:

O proxy central de notificacións de Delta Chat é pequeno e está totalmente implementado en Rust e esquece os tokens tan pronto como Apple/Google/etc. os procesan, xeralmente nun asunto de milisegundos.

Teña en conta que o token do dispositivo está cifrado entre as aplicacións e o proxy de notificacións, pero non está asinado. Deste xeito, o proxy de notificacións nunca ve os datos do perfil, os enderezos IP nin ningunha información de identidade criptográfica asociada co dispositivo (token) dunha persoa usuaria.

Como resultado dese deseño global de privacidade, mesmo a incautación dun servidor de chatmail, ou a incautación total do proxy central de notificacións de Delta Chat, non revelaría información privada que os servizos Push non teñan xa.

Por que Delta Chat se integra cos servizos centralizados e propietarios de push de Apple/Google?

Delta Chat é unha ferramenta de mensaxería descentralizada, de balde e software libre con elección de servidor libre, pero queremos que os usuarios experimenten de forma fiable a “entrega instantánea” das mensaxes, como fan nas aplicacións de WhatsApp, Signal ou Telegram, sen facer preguntas por adiantado que están máis dirixidas a persoas expertas ou desenvolvedoras.

Ten en conta que Delta Chat ten un pequeno sistema de notificacións push que respecta a privacidade que consegue a “entrega instantánea” de mensaxes para todos os servidores de chatmail, incluíndo un potencial que poderías configurar ti sen o noso permiso. Dámosche a benvida ao poder da rede interoperable de reenvío de chatmail :)

Multicliente

Podo usar Delta Chat en varios dispositivos ao mesmo tempo?

Si. Podes usar o mesmo perfil en diferentes dispositivos:

En contraste con moitos outros servizos de mensaxería, despois dunha transferencia con éxito, ambos os dispositivos son completamente independentes. Non se necesita un dispositivo para que o outro funcione.

Resolución de problemas

Transferencia manual

Este método só se recomenda se “Engadir segundo dispositivo”, tal como se describe máis arriba, non funciona.

Xa se completou a sincronización e podes usar ambos dispositivos para enviar e recibir mensaxes cifradas de extremo a extremo co resto de persoas.

Hai plans para introducir un cliente web de Delta Chat?

Avanzado

Características experimentais

En Configuración → Avanzado → Funcións experimentais podes probar as funcións nas que estamos a traballar.

As características poden ser inestables e poden ser cambadas ou eliminadas.

Podes atopar máis información e dar a túa opinión no Foro.

Que son os repetidores?

Os repetidores úsanse para gardar mensaxes temporalmente no caso de que o teu dispositivo estea fóra de liña. Os reles son servidores baratos e simples, que non gardan datos como os estados dos grupos, o teu nome ou o teu avatar - todo iso existe só no teu dispositivo. Os repetidores son operados por diferentes grupos e persoas.

Por defecto, despois da instalación, establécese automaticamente un repetidor, polo que non tes que preocuparte por iso. Con todo, se queres, podes configurar os repetidores en Configuración → Avanzado → Repetidores:

Para máis detalles e futuras posibilidades dos relevos, podes seguir as discusións no Foro.

Podo usar un enderezo de correo electrónico clásico con Delta Chat?

Si, pero só se a dirección de correo electrónico é utilizada exclusivamente por clientes de chatmail.

Non está permitido compartir o uso dun enderezo de correo electrónico con aplicacións que non sexan de chatmail nin con clientes de correo web, polas seguintes razóns:

Como podo configurar un perfil cun enderezo de correo electrónico clásico como repetidor?

En primeiro lugar, por favor, non uses o mesmo enderezo de correo electrónico para aplicacións de correo electrónico clásico que non son de chatmail a non ser que queiras ter mensaxes cifradas na bandexa de entrada, notificacións dobres, correos eliminados por accidente ou molestias similares.

Podes configurar unha dirección de correo electrónico para conversar en Novo Perfil → Usar outro servidor → Usar Correo Clásico como reenvío. Ten en conta que os provedores de correo electrónico clásico xeralmente non soportan Notificacións Push e teñen outras limitacións, véxase Visión xeral dos provedores. Chatmail usa a INBOX predeterminada para o reenvío; asegúrate de que a configuración do provedor tamén o faga. Un perfil que use un enderezo de correo electrónico clásico permite enviar e recibir mensaxes non cifradas. Estas mensaxes, e as conversas nas que aparecen, están marcadas cunha icona de correo electrónico email.

Quero xestionar o meu propio servidor para Delta Chat. Que me recomendas?

Calquera configuración dun servidor de correo ben configurado funcionará correctamente, agás se os dispositivos das persoas usuarias precisan que Google/Apple Push Notifications funcionen correctamente.

Xeralmente recomendamos configurar un repetidor de chatmail. Chatmail é un proxecto impulsado pola comunidade que abarca tanto a configuración de repetidores como desenvolvementos en Rust que alimentan aos clientes de chatmail, dos cales Delta Chat é o máis coñecido.

Que é “Enviar estatísticas ás persoas que desenvolven Delta Chat”?

Gustaríanos mellorar Delta Chat coa túa axuda, por iso Delta Chat para Android che pregunta se queres enviar estatísticas de uso anónimas.

Podes activalo e desactivalo en Axustes → Avanzado → Enviar estatísticas ás persoas desenvolvedoras de Delta Chat.

Cando o actives, as estatísticas semanais enviaranse automaticamente a un bot.

Temos interese, por exemplo, en estatísticas como:

Non recolleremos ningunha información persoalmente identificable sobre ti.

Interésanme os detalles técnicos. Podes contarme máis?

Vexa Estándares empregados en Delta Chat.

Cifrado e seguridade

Que estándares se empregan para o cifrado de extremo a extremo?

Delta Chat utiliza un subconxunto seguro do estándar OpenPGP para proporcionar cifrado automático de extremo a extremo empregando estes protocolos:

Delta Chat non consulta, publica nin interactúa con ningún servidor de chaves OpenPGP.

Como podo saber se as mensaxes están cifradas de extremo a extremo?

Todas as mensaxes en Delta Chat están cifradas de extremo a extremo por defecto. Dende o lanzamento da versión 2 de Delta Chat (xullo de 2025) xa non hai marcadores de cadeado ou similares nas mensaxes cifradas de extremo a extremo.

Podo aínda recibir ou enviar mensaxes sen cifrado de extremo a extremo?

Se utilizas os repetidores predeterminados de chatmail, é imposible recibir ou enviar mensaxes sen cifrado de extremo a extremo.

Se en vez diso usas un servidor de correo electrónico clásico, podes enviar e recibir mensaxes con ou sen cifrado de extremo a extremo. As mensaxes que non teñen cifrado de extremo a extremo márcanse cunha icona de correo electrónico email.

Que significa a símbolo de verificación verde nun perfil de contacto?

Un perfil de contacto pode amosar unha marca de verificación verde green checkmark e unha liña de “Presentado por”. Cada contacto con marca de verificación verde ou ben fixo un escaneo de QR directo contigo ou foi presentado por outro contacto con marca de verificación verde. As presentacións prodúcense automaticamente ao engadir participantes aos grupos. A persoa que engada un contacto con marca de verificación verde a un grupo con só participantes con marca de verificación verde convértese en “contacto presentador”. Nun perfil de contacto podes tocar repetidamente no texto “Presentado por …” ata chegar á persoa coa que fixeches directamente un escaneo de QR.

Para unha discusión máis profunda sobre a “criptografía de extremo a extremo garantida”, consulte Secure-Join protocols e concretamente le sobre “Grupos verificados”, o termo técnico do que aquí se chama conversas “marcadas con verde e un aspa” ou “cifrados de extremo a extremo garantidos”.

Están os anexos (imaxes, ficheiros, sons, etc.) cifrados de extremo a extremo?

Si.

Cando falamos dunha “mensaxe cifrada de extremo a extremo” sempre nos referimos a que toda a mensaxe está cifrada, incluíndo todos os anexos e os metadatos destes, como os nomes dos ficheiros.

É seguro OpenPGP?

Si, Delta Chat usa un subconxunto seguro de OpenPGP que require que toda a mensaxe estea correctamente cifrada e asinada. Por exemplo, as “sinaturas desprendidas” non se consideran seguras.

OpenPGP non é inseguro por si só. A maioría dos problemas de seguridade de OpenPGP que se comentan publicamente en realidade xorden dun mal uso ou de malas implantacións de ferramentas ou aplicacións (ou de ambas). É particularmente importante distinguir entre OpenPGP, o estándar de cifrado da IETF, e GnuPG (GPG), unha ferramenta de liña de comandos que implementa OpenPGP. Moitas críticas públicas a OpenPGP en realidade falan de GnuPG, que Delta Chat nunca utilizou. Delta Chat utiliza en cambio a implantación de OpenPGP en Rust rPGP, dispoñible como un paquete “pgp” independente, e auditado en seguridade en 2019 e 2024.

Temos como obxectivo mellorar aínda máis as características de seguridade implementando o novo IETF OpenPGP Crypto-Refresh que foi adoptado, afortunadamente, no verán de 2023.

Considerastes usar alternativas a OpenPGP para o cifrado de extremo a extremo?

Si, estamos a seguir esforzos como MLS pero adoptalos significaría romper a interoperabilidade do cifrado de extremo a extremo. Así que non sería unha decisión lixeira de tomar e debe haber melloras importantes para as persoas usuarias.

Delta Chat adopta un enfoque holístico de “seguridade útil” e colabora cunha ampla variedade de grupos activistas, así como con grupos de investigación de renome como TeamUSEC, para mellorar os resultados reais das persoa usuarias fronte ás ameazas de seguridade. O protocolo de comunicación e o estándar para establecer cifrado de extremo a extremo é só unha parte dos “resultados da persoa usuarias”, véxanse tamén as nosas respostas ás preguntas incautación de dispositivos e metadatos da mensaxe.

É Delta Chat vulnerable a EFAIL?

Non, Delta Chat nunca foi vulnerable a EFAIL porque a súa implantación de OpenPGP rPGP usa Código de Detección de Modificacións ao cifrar mensaxes e devolve un erro se o Código de Detección de Modificacións é incorrecto.

Delta Chat tampouco foi nunca vulnerable ao ataque EFAIL de “Exfiltración Directa” porque só descifra mensaxes multipart/encrypted que conteñen exactamente unha parte cifrada e asinada, tal como se define na especificación Autocrypt Nivel 1.

Están expostas en Internet as mensaxes marcadas co símbolo do correo?

Se está a enviar ou recibir mensaxes de correo electrónico sen cifrado de extremo a extremo (utilizando un servidor de correo electrónico clásico), aínda están protexidas fronte ás compañías de telefonía móbil ou por cable, que non poden ler nin modificar as súas mensaxes de correo electrónico. Pero tanto o servizo provedor de correo electrónico como o da persoa destinataria poden ler, analizar ou modificar as súas mensaxes, incluídos os anexos.

Delta Chat usa por defecto un cifrado TLS estrito, que garante a seguridade das conexións entre o teu dispositivo e o teu servizo provedor de correo electrónico. Todo o tratamento de TLS de Delta Chat foi auditado de xeito independente en materia de seguridade. Ademais, a conexión entre o teu servizo provedor de correo electrónico e o da persoa destinataria normalmente tamén estará cifrada de transporte. Se os servidores de correo electrónico implicados soportan MTA-STS entón aplicarase o cifrado de transporte entre provedores de correo electrónico e, neste caso, as comunicacións de Delta Chat nunca se expoñen en texto plano a Internet aínda que a mensaxe non estivese cifrada de extremo a extremo.

Como protexe Delta Chat os metadatos nas mensaxes?

A diferenza da maioría dos outros servizos de mensaxería, as aplicacións de Delta Chat non gardan ningún metadado sobre contactos ou grupos nos servidores, nin sequera en forma cifrada. En vez diso, todo o metadado de grupo está cifrado de extremo a extremo e gárdase só nos dispositivos das persoas usuarias finais.

Os servidores, polo tanto, só poden ver:

Todos os demais metadatos de mensaxes, contactos e grupos residen na parte cifrada de extremo a extremo das mensaxes.

Como protexer os metadatos e os contactos cando un dispositivo é incautado?

Tanto para protexerse de servidores que recollen metadatos como fronte á ameaza de incautación do dispositivo, recomendamos usar un repetidor de chatmail para crear perfís con enderezos aleatorios para o transporte. Ten en conta que as aplicacións de Delta Chat en todas as plataformas soportan varios perfís, polo que pode usar facilmente perfís específicos para cada situación xunto ao teu perfil “principal”, coa certeza de que todos os teus datos, xunto con todos os metadatos, serán eliminados. Ademais, se un dispositivo é incautado, os contactos da conversa que usan perfís de curta duración non poderán ser identificados facilmente.

Quen ve o meu enderezo IP?

Os repetidores usados necesitan coñecer o teu enderezo IP, así como ás veces os dispositivos do teu contacto se tes unha chamada ou usas aplicacións de xeito colaborativa.

Os enderezos IP son necesarios para a conectividade e a eficiencia. Delta Chat nin os conserva nin os expón. Teña en conta que os enderezos IP non son coma un enderezo que lle dá a un servizo de entrega, senón que normalmente son menos precisos, definindo a miúdo só a cidade ou a rexión.

Se consideras que o teu enderezo IP supón un risco, recomendámosche usar unha VPN para todo o sistema. As opcións por aplicación deixan fendas en todo o teu sistema. Por exemplo, tocar nunha ligazón pode expoñer os enderezos IP a terceiras partes descoñecidas, o que é, con diferenza, o risco maior.

Ofrece Delta Chat soporte para “Emisor selado”?

Non, aínda non.

O mensaxeiro Signal introduciu “Emisor selado” en 2018 para manter a súa infraestrutura de servidores ignorante de quen está a enviar unha mensaxe a un conxunto de persoas. É particularmente importante porque o servidor de Signal coñece o número de móbil de cada conta, que normalmente está asociado cunha identificación de pasaporte.

Aínda que os repetidores de chatmail non solicitan ningún dato privado (nin números de teléfono), aínda podería valer a pena protexer os metadatos relacionais entre enderezos. Non prevemos maiores problemas ao usar enderezos descartables aleatorios para o envío selado, pero aínda non se acordou a súa implantación como prioridade.

Delta Chat admite o segredo perfecto prospectivo?

Aínda non, pero virá con Autocrypt v2.

Delta Chat na actualidade non admite segredo perfecto prospectivo (PFS, siglas en inglés). Isto significa que se a túa clave privada de descifrado se filtra, e alguén recolleu as túas mensaxes anteriores en tránsito, será capaz de descifralas e lelas usando a clave de descifrado filtrada. Teña en conta que a Seguridade Prospectiva só aumenta a seguridade se elimina as mensaxes. En caso contrario, alguén que obteña as súas claves de descifrado normalmente tamén poderá acceder a todas as súas mensaxes non eliminadas e nin sequera necesita descifrar ningunha das mensaxes recollidas anteriormente.

Autocrypt v2, programada para a súa implantación completa en 2026, proporcionará eliminación fiable (segredo perfecto prospectivo) mediante a rotación automática de chaves. Este enfoque especifícase no borrador Autocrypt v2 OpenPGP Certificates.

Ofrece Delta Chat soporte para criptografía poscuántica?

Aínda non, pero virá con Autocrypt v2.

Autocrypt v2, cuxa implantación completa está prevista para 2026, traerá cifrado resistente ao poscuántico para protexer fronte a ataques de ordenadores cuánticos. Delta Chat usa a biblioteca Rust OpenPGP rPGP que admite o último borrador IETF de criptografía postcuántica OpenPGP. A implantación especifícase no borrador Autocrypt v2 OpenPGP Certificates.

Como podo comprobar manualmente a información de cifrado?

Podes comprobar manualmente o estado do cifrado de extremo a extremo no cadro de diálogo “Cifrado” (perfil da persoa usuaria en Android/iOS ou clic co botón dereito nun elemento da lista de conversas da persoa usuaria no escritorio). Delta Chat amosa alí dúas pegadas dixitais. Se as mesmas pegadas dixitais aparecen no teu dispositivo e no do teu contacto, a conexión é segura.

Podo reutilizar a miña clave privada existente?

Non.

Delta Chat xera claves OpenPGP seguras segundo a especificación Autocrypt 1.1. Non recomendamos nin ofrecemos ás persoas usuarias realizar unha xestión manual de chaves. Queremos garantir que as auditorías de seguridade poidan centrarse en poucos algoritmos criptográficos probados en lugar de na ampla variedade de algoritmos posibles permitidos con OpenPGP. Se queres extraer a túa chave OpenPGP, só hai un método para expertos: tes que buscala na táboa SQLite “keypairs” dun ficheiro tar de copia de seguridade do perfil.

Foi auditada Delta Chat de xeito independente en busca de vulnerabilidades de seguridade?

Si, varias veces. O proxecto Delta Chat sometese continuamente a auditorías e análises de seguridade independentes, da máis recente á máis antiga:

Varios

Que permisos necesita Delta Chat?

Algunhas funcións requiren certos permisos, por exemplo, necesitas conceder o permiso de cámara se queres escanear un código QR de convite.

Consulte Política de privacidade para unha visión detallada.

Onde poden atopar Delta Chat as miñas amizades?

Delta Chat está dispoñible para todas as plataformas principais e algunhas menores:

Como se financian os desenvolvementos de Delta Chat?

Delta Chat non recibe capital de risco nin está endebedada, nin está baixo presión para xerar enormes beneficios ou para vender as persoas usuarias e as súas amizades e familiares a anunciantes (ou algo peor). Preferimos usar fontes de financiamento público, ata agora de orixe UE e EE. UU., para apoiar os nosos esforzos en instigar un ecosistema descentralizado e diverso de mensaxería instantánea baseado en desenvolvementos comunitarios de código aberto e de balde.

Concretamente, o desenvolvemento de Delta Chat foi financiado ata agora a partir destas fontes, ordenadas cronoloxicamente:

O financiamento monetario mencionado anteriormente está principalmente organizado por merlinux GmbH en Friburgo (Alemaña), e distribúese a máis dunha ducia de contribuíntes de todo o mundo.

Por favor, consulte Canles de contribución de Delta Chat para as posibilidades de contribución tanto monetaria como doutra índole.