Política de Privacidade das Apps Delta Chat

De que xeito Delta Chat cumpre coa GDPR

A Regulación Xeral de Proteción de Datos (GDPR) é considerada como a lexislación máis avanzada respecto da proteción da privacidade das usuarias. Nesta páxina podes ver con detalle o xeito en que a app Delta Chat e o sitio web cumpren cos requerimentos da GDPR.

De que xeito os xestores dos datos (organizacións) se benefician por utilizar Delta Chat para cumprir coa GDPR

Esta declaración refírese a General Data Protection Regulation (GDPR) na versión 16.05.2018.

Datos de localización

Se compartes a túa localización nun chat, estos datos son tratados como calquera outra mensaxe. Delta Chat utiizará a túa localización para amosala a outras persoas que participen na conversa.

Os datos de localización son recollidos incluso cando a app está pechada ou non se está a utilizar – durante todo o tempo que teñas esta función activada.

Política de Privacidade para as visitas ao sitio web

Estado: 21 de xaneiro, 2020

En Delta.Chat, asegurámonos de que non só a nosa aplicación se non tamén o sitio web Delta.Chat cumpren coa normativa europea de Regulación Xeral de Proteción de Datos (2016/679). Deste xeito, minimizamos o procesado dos teus datos ao mínimo preciso (Privacidade por Deseño).

Información xeral

O sitio web Delta.Chat non utiliza cookies de terceiros, servizos de análise da web, servizos de publicidade ou márquetin de terceiros e tampouco utiliza complementos de redes sociais. O proceso dos datos limítase ao contacto voluntario por email.

Persoa responsable

A persoa responsable do procesado dos datos desta web en termos da DSGVO e outras leis nacionais de proteción de datos dos estados membros e tamén de outras regulación de proteción de datos é

Merlinux GmbH
Reichgrafen Str. 20 
79102 Freiburg

O teu enderezo de contacto para temas de privacidade en Delta.Chat:

delta-privacy@merlinux.eu

Listas de correo Delta

Cando te subscribes voluntariamente á lista de correo de Delta, o teu enderezo de email que escribes, o enderezo IP da túa computadora, a data e hora do rexistro son transmitidas. O procesado destos datos ten como único propósito procesar os contactos e distribuír as comunicacións públicas da comunidade. Como acostuma a acontecer con proxectos de código aberto, as mensaxes compartidas tamén se poden atopar en arquivos públicos. A base legal para o procesamento con consentimento é o artigo Art. 6 lit. a GDPR. Os enderezos de email das usuarias só se gardan mentras a subscrición á lista está activa. Ao dar de baixa a subscrición de calquera lista será posible a revogación do consentimento.

Dereitos de persoas afectadas

Podes solicitarlle a Delta.Chat se está a procesar os teus datos e de que xeito. Tes o dereito a obxetar deste procesado, que ten lugar en base ao Artigo 6 I lit.e ou lit.f GDPR. Se o procesado é incorrecto ou incorrecto, tes dereito de rectificación/completado, cancelación e, se fose preciso, restrición do procesado. Tamén podes revogar a declaración de consentimento da lista de correo en calquera momento. Tamén tes dereito a recibir os datos dun xeito estruturado e lexible en formato entendible por máquina e o dereito a reclamar ante as autoridades supervisoras.

Enmendas á política de privacidade

Reservamos o dereito a actualizar a presente regulación de proteción de datos ante a situación de continuos cambios legais e técnicos.